fbpx

Envío gratis para encargos superiores a 50€

Colección Antiques

Frechas persas, moedas romanas ou gregas, amuletos exipcios, sempre xenuínos e certificados, convertidas en xoias únicas.

Deseños exclusivos de Fernando Galego engarzando un trocito de historia: moedas romanas, amuletos egipcios, flechas persas…

A Colección Antiques está formada por xoias de ouro macizo de 18 K realizadas a man no noso taller e que levan montada unha antigüidade auténtica.

As antigüidades adquírense sempre a anticuarios e numismáticos de recoñecida reputación e acompáñanse dun Certificado de Autenticidad.

No noso taller, tomamos estas pezas escasas e únicas (non hai dous iguais) que viaxaron no tempo ata chegar a nós e realizamos para elas deseños en ouro que as converten en xoias realmente especiais. Devolvemos á vida estes pequenos tesouros para que volvan cumprir a súa función: pensemos, por exemplo, nun amuleto egipcio que alguén levou fai 2500 anos e que agora volve ser unha xoia, quizais un talismán para a persoa que o leva na actualidade.

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos/preguntámonos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viviu, como sería a súa vida…
Está xoia aumentará de valor cos anos: ademais de por a súa beleza, tanto a antigüidade como o ouro revalorizaranse co paso do tempo.

Pero sobre todo , formará parte da túa propia historia para sempre.

Rexístrate aquí