fbpx

Envío gratis para encargos superiores a 50€

CERTIFICATE

Certificados de Autenticidade

As xoias de ouro, diamantes e pedras preciosas acompáñanse de certificado de autenticidade. Os nosos díamantes son éticos, é dicir, sempre de provedores fiables, sostibles e adscritos ao Proceso de Kimberley, que garante de que non proceden de países en conflito.

As xoias con antigüidades entréganse con dous Certificados: o do anticuario do que procede a antigüidade e o noso, que garante a calidade da xoia. Nunca alteramos as antigüidades, senón que adaptamos o noso deseño ao obxecto antigo.

Para garantir a absoluta autenticidade das antigüidades que usamos para facer estas xoias, cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza. Porque amamos as antigüidades, as nosas nunca proceden de escavacións ilegais, achados incontrolados ou países en conflito.

O noso principal interese é que sempre se poida probar que a peza é xenuína e que non procede de espolio.

Desta maneira, cando o cliente compra unha das nosas xoias, sabe que o seu investimento está asegurada e que se revalorizará no futuro, porque conta co certificado dun prestixioso profesional. Por iso só compramos aos mellores e máis fiables. En Londres, Madrid, Barcelona ou Berlín, só traballamos con aqueles que chegamos a coñecer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.

Ademais estas xoias contan co selo estatal “Galicia Calidade”, entidade oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval aos artesáns que achegan as certificacións requiridas e cumpren cunhas altas esixencias de calidade nos seus produtos.

A exportación das nosas pezas a outros países está sempre revisada e aprobada en cada caso polo Ministerio de Cultura do Goberno de España.

Rexístrate aquí