fbpx

Envío gratis para encargos superiores a 50€

Colgante con Amuleto de 2500 anos. Ollo de Horus

Colgante con Amuleto de 2500 anos. Ollo de Horus

1.870

1 dispoñibles

PAGAMENTOS SEGUROS

Descrición

Os amuletos con ollos de Horus eran moi populares no Antigo Exipto. Horus, o Deus Halcón, recibíu de mans de Ra un ollo artificial tras haber perdido un dos seus nunha dura batalla contra Seth. Este ollo artificial tiña propiedades sanadoras e máxicas de ahí que se convirtira nun talismán usado polos exipcios como colgante pra protexerse de enfermidades, das envidias e do mal de ollo. Axudaba tamén o seu portador ó paso o Máis Alá.

Este Ollo de Horus, datado na Baixa Época (664-525 aC) está  feito de faienza, unha cerámica usual na época realizada a partir de area fundida. O seu estado de conservación é excelente. Foi adquirido a un prestixioso anticuario e provén dunha colección particular. Adxúntase un certificado emitido polo anticuario que acredita a autenticidade da peza .

Nos nosos talleres, realizámoslle a man un engarce de oro de 18k cunha esmeralda auténtica que o realza e protexe, devolvendo 2500 anos despois á función para que foi creado. Unimos así o noso traballo co do artesán que o fabricou naquel tempo remoto.

Características:

Amuleto: feito en faienza entre os anos 664 a 525 antes de Cristo (Baixa Época). Medidas: 15 x 15 mm
Montura: feita a man na actualidad en ouro de 18 K con esmeralda talla cabuxón. Medidas montura: 25 x 18 mm

Diámetro da esmeralda: 2,5 mm.

O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro

Poseer unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida…

As pezas desta colección, na que montamos artesanalmente obxetos antigos, son exclusivas, xa que non hai duas iguais.

Ademais de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaránse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia pra sempre.

Sobre as antigüidades: Para garantir a absoluta autenticidade das antigüidades que usamos para facer estas xoias cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza

Hoxe en día pódense mercar moedas e obxetos antigos en internet, pero nunca usamos pezas adquiridas deste xeito, xa que non poderíamos ofrecer unha garantía total. O noso principal interés é que sempre se poida probar que a peza é xenuina é que non procede de expolio. Desta maneira, cando o cliente merca unha das nosas xoias, sabe que a súa inversión está asegurada e  revalorizaráse no futuro, porque contará cun certificado dun prestixioso profesional. Por isto é que traballamos cos mellores e máis fiables, ós que chegamos a coñecer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.

Ademais as nosas xoias contan co selo de Galicia Calidade, entidade oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacións requeridas e comprométense a cumprir con altas esixencias de calidade nos seus productos.

Solicitud de Información

En cumplimiento del Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de datos de las personas físicas y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (Reglamento general de protección de datos), le informamos que los datos recogidos a través de este sitio son confidenciales y serán incluidos en el fichero denominado usuarios web con titularidad de Fernando Gallego Santiago, con cif/nif 35321155D, con la exclusiva finalidad de poder atender su petición para lo que presta su expreso consentimiento. Le informamos que dichos datos proporcionados se conservarán mientras no solicite el cese de la actividad y que dichos datos no se cederán a terceros, salvo en los casos en que exista una obligación legal. Podrá ejercitar los derechos de ARCO así como otros derechos, envíando un correo electrónico a [email protected], indicando “derechos ARCO”. Para más información acceda a la sección “Políticas de privacidad y cookies” de esta página web.

Solicitude de información

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección de datos de persoas físicas e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46 / CE ( Regulamento xeral de protección de datos), informámoslle que os datos recollidos a través deste sitio son confidenciais e serán incluídos no ficheiro denominado usuarios da web de Fernando Gallego Santiago, con cif / nif 35321155D, co propósito exclusivo de poder atender o seu solicitude pola que presta o seu consentimento expreso. Informámoslle que os devanditos datos proporcionados gardaranse mentres non solicite o cesamento da actividade e que os devanditos datos non serán transferidos a terceiros, agás nos casos en que exista unha obriga legal. Podes exercer os dereitos de ARCO e outros dereitos enviando un correo electrónico a [email protected] indicando “dereitos de ARCO”. Para obter máis información, accede á sección “Políticas de privacidade e cookies” deste sitio web.

Rexístrate aquí