fbpx

Envío gratis para encargos superiores a 50€

Colgante con Punta de Frecha Grega

Colgante con Punta de Frecha Grega

849

1 dispoñibles

PAGAMENTOS SEGUROS

Descrición

Colgante feito á man en ouro de 18K cunha punta de frecha grega de bronce de entre os anos 400 e 100 antes de Cristo.

Está datada nun periodo, entre os séculos IV e II a.C., no que a cultura grega viveu os  seus momentos de maior expansión e tamén o inicio da súa decadencia.As victorias e conquistas de Alexandro Magno (336 a.C.) levaron o helenismo os confíns do mundo, dende o Mediterráneo ata o val do  Indo.

No noso taller creámoslle a man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única, máis de 2000 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas, e entréganse con certificado de autenticidade.

Recentemente un colgante similiar a este foi adquiríunolo os estudios Pinewood UK para aparecer na serie Un Descubrimento de Bruxas. A actriz Teresa Palmer (Diana Bishop), lóceo na serie e a xoia ten un papel no guión.

Todas as antigüidades cas que facemos as nosas xoias, proceden sempre de anticuarios de recoñecido prestixio e entréganse co seu correspondente certificado de autenticidade. Con isto garantimos, non só a autenticidade da peza senon tamén que ésta procede do mercado legal de antigüidades. Nunca alteramos o obxeto antigo, senon que deseñamos monturas que lle sirvan de soporte mantendo  a súa pátina e características orixinais.

Lonxitude: 4,1 cm

O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro

A Colección Antiques está composta por xoias de ouro macizo de 18 K  feitas a man no noso taller e que levan montada unha antigüidade auténtica. No noso taller, tomamos estas pezas escasas e únicas que viaxaron no tempo ata chegar a nos e fixemos pra elas diseños en ouro que as convirten en xoias realmente especiais.

As pezas desta colección son completamente  exclusivas: non hai duas iguais. A isto hai que engadir que cada montura faise a man.

Posuír unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntamonos a quen  pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu, cómo sería a súa vida…
Está xoia aumentará de valor cos anos: ademáis de pola súa beleza, tanto a antigüidade como o ouro revalorizaránse co paso do tempo.

Pero sobre todo , formará parte da túa propia historia pra sempre.

Sobre as antigïdades: Para garantir a absoluta autenticidade das antigüidades que usamos para facer estas xoias cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza

Hoxe en día  podense mercar moedas e obxetos antigos en internet, pero nunca usamos pezas adquiridas desta maneira, xa que non podríamos ofrecer unha garantía total. O noso principal interés é que sempre se poida probar que a peza é xenuina e que non procede de expolio. Desta maneira ,cando o cliente merca unha das nosas xoias, sabe que a súa inversión está asegurada e que se revalorizará no futuro, porque contará co certificado dun prestixioso profesional. Por isto é que traballamos cos mellores e mais fiables, os que chegamos a coñecer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.

Ademais as nosas xoias contan co selo de Galicia Calidade, entidad oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacións requeridas e comprometense a cumprir con altas esixencias de calidade nos seus productos.

Solicitud de Información

En cumplimiento del Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de datos de las personas físicas y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (Reglamento general de protección de datos), le informamos que los datos recogidos a través de este sitio son confidenciales y serán incluidos en el fichero denominado usuarios web con titularidad de Fernando Gallego Santiago, con cif/nif 35321155D, con la exclusiva finalidad de poder atender su petición para lo que presta su expreso consentimiento. Le informamos que dichos datos proporcionados se conservarán mientras no solicite el cese de la actividad y que dichos datos no se cederán a terceros, salvo en los casos en que exista una obligación legal. Podrá ejercitar los derechos de ARCO así como otros derechos, envíando un correo electrónico a [email protected], indicando “derechos ARCO”. Para más información acceda a la sección “Políticas de privacidad y cookies” de esta página web.

Solicitude de información

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección de datos de persoas físicas e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46 / CE ( Regulamento xeral de protección de datos), informámoslle que os datos recollidos a través deste sitio son confidenciais e serán incluídos no ficheiro denominado usuarios da web de Fernando Gallego Santiago, con cif / nif 35321155D, co propósito exclusivo de poder atender o seu solicitude pola que presta o seu consentimento expreso. Informámoslle que os devanditos datos proporcionados gardaranse mentres non solicite o cesamento da actividade e que os devanditos datos non serán transferidos a terceiros, agás nos casos en que exista unha obriga legal. Podes exercer os dereitos de ARCO e outros dereitos enviando un correo electrónico a [email protected] indicando “dereitos de ARCO”. Para obter máis información, accede á sección “Políticas de privacidade e cookies” deste sitio web.

Rexístrate aquí