fbpx

Envío gratis para encargos superiores a 50€

Colgante de Ouro con Moeda China Antiga

Colgante de Ouro con Moeda China Antiga

790

¡Agotado!

PAGAMENTOS SEGUROS

Descrición

VENDIDO. EN BREVE DISPOÑEREMOS DE UNHA PEZA SIMILAR.

Colgante con moeda china antiga.

Este colgante leva unha moeda de cobre china acuñada durante a dinastía Tang, en tempos do emperador Su Zong (621-718 d.C.). Esta dinastía está considerada uns dos momentos de maior esplendor da civilización china: o seu capital Chang’an era a cidade mais poblada do mundo, e houbo un gran desarrollo das artes e das ciencias.

A moeda presenta catro caracteres de escritura china entre os que é moi fácil recoñecer o símbolo Yuán 元, que significa o comenzo, o orixinal, o principal.

Acompañase dun certificado de autenticidade e o seu estado de conservación é excelente. No noso taller diseñamoslle unha fermosa montura en ouro de 18K para protexela e realzar a  súa beleza, convertíndoa  nunha xoia única e dándolle unha nova vida máis de 1200 anos despois de que fora creada.

Diámetro (moeda): 24,5 mm

Colgante pra home ou muller.

O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro

A Colección Antiques está composta por xoias de ouro macizo de 18 K  feitas a man no noso taller e levan montadas antigüedades xenuinas que se adquiren sempre a anticuarios e numismáticos de recoñecida reputación e se acompañan dun Certificado de Autenticidade.

As nosas pezas son sempre auténticas, nunca réplicas.

Poseer unha antigüedade , un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntamonos a quen  pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu, cómo sería a súa vida…

As pezas desta colección son completamente  exclusivas, xa que co paso dos séculos cada moeda convertíuse en única: non hai dúas iguais.A esto hai que engadir que cada peza fabricase a man.
Esta xoia aumentará de valor cos anos: ademáis de pola súa beleza, tanto a moeda como o ouro se revalorizarán co paso do tempo.

Pero sobre todo , formará parte da túa propia historia para sempre.

Sobre as antiguedades: Para garantizar a absoluta autenticidade das antiguedades que usamos para facer estas xoias cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza

Hoxe en día  podense mercar moedas e obxetos antiguos en internet, pero nunca usamos pezas adquiridas desta maneira, xa que non podríamos ofrecer unha garantía total. O noso principal interés é que sempre se poida probar que a peza e xenuina ou que non procede de expolio. Desta maneira ,cando o cliente merca unha das nosas xoias, sabe que a súa inversión está asegurada e que se revalorizará nun futuro, porque contará cun certificado dun prestixioso profesional. Por esto é que traballamos cos mellores e mais fiables, a os que chegamos a conocer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.

Ademais as nosas xoias contan co selo de Galicia Calidade, entidade oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacióes requeridas e se comprometen a cumprir con altas esixencias de calidade nos seus productos

Solicitud de Información

En cumplimiento del Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de datos de las personas físicas y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (Reglamento general de protección de datos), le informamos que los datos recogidos a través de este sitio son confidenciales y serán incluidos en el fichero denominado usuarios web con titularidad de Fernando Gallego Santiago, con cif/nif 35321155D, con la exclusiva finalidad de poder atender su petición para lo que presta su expreso consentimiento. Le informamos que dichos datos proporcionados se conservarán mientras no solicite el cese de la actividad y que dichos datos no se cederán a terceros, salvo en los casos en que exista una obligación legal. Podrá ejercitar los derechos de ARCO así como otros derechos, envíando un correo electrónico a [email protected], indicando “derechos ARCO”. Para más información acceda a la sección “Políticas de privacidad y cookies” de esta página web.

Solicitude de información

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección de datos de persoas físicas e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46 / CE ( Regulamento xeral de protección de datos), informámoslle que os datos recollidos a través deste sitio son confidenciais e serán incluídos no ficheiro denominado usuarios da web de Fernando Gallego Santiago, con cif / nif 35321155D, co propósito exclusivo de poder atender o seu solicitude pola que presta o seu consentimento expreso. Informámoslle que os devanditos datos proporcionados gardaranse mentres non solicite o cesamento da actividade e que os devanditos datos non serán transferidos a terceiros, agás nos casos en que exista unha obriga legal. Podes exercer os dereitos de ARCO e outros dereitos enviando un correo electrónico a [email protected] indicando “dereitos de ARCO”. Para obter máis información, accede á sección “Políticas de privacidade e cookies” deste sitio web.

Rexístrate aquí