Anel Finlandia
Anel solitario de ouro branco de 18K feito a man con acabado texturizado e diamante talla brillante de 1 quilate de excepcional calidade.
Deseño exclusivo de Fernando Gallego, no que se suxeita o diamante con tres poderosas garras mentres xoga coas liñas curvas para lograr unha forma fluida e armónica. O deseño consigue unha óptima transmisión da luz, ao tempo que o acabado rústico xera un gran contraste que potencia o brillo da pedra.
Diámetro do diamantes: 6,3 mm (peso: 1 quilate).
Características do diamante:
Color: G
Pureza: VS1
Talla: Excelente
Simetría: Excelente
Fluorescencia: Ningunha
Entrégase certificado GIA (Gemological Institute of America). Os nosos diamantes non proceden de zonas en conflicto.
Se a súa medida non aparece entre as tallas dispoñibles, por favor póñase en contacto con nós. Sérvese en calquer medida sen cargo adicional. Para algunhas medidas o prazo pode variar.
Precisa un medidor? Só ten que rexistrarse e solicitalo por mail. Enviarémosllo gratuitamente ao seu domicilio.
Se quere regalalo e non coñece a medida, ofrecémoslle un servizo de posta a medida gratuito: pode pedilo a calquer medida aproximada para regalalo na data que precise. Posteriormente recollerémolo na dirección que nos indique, poñerémolo á medida correcta e volverémosllo a enviar, todo isto sen custe adicional.