Colección Antiques

Deseños exclusivos de Fernando Galego engarzando un trocito de historia: moedas romanas, amuletos egipcios, flechas persas... A Colección Antiques está formada por xoias de ouro macizo de 18 K realizadas a man no noso taller e que levan montada unha antigüidade auténtica. As antigüidades adquírense sempre a anticuarios e numismáticos de recoñecida reputación e acompáñanse dun Certificado de Autenticidad. No noso taller, tomamos estas pezas escasas e únicas (non hai dous iguais) que viaxaron no tempo ata chegar a nós e realizamos para elas deseños en ouro que as converten en xoias realmente especiais. Devolvemos á vida estes pequenos tesouros para que volvan cumprir a súa función: pensemos, por exemplo, nun amuleto egipcio que alguén levou fai 2500 anos e que agora volve ser unha xoia, quizais un talismán para a persoa que o leva na actualidade. Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos/preguntámonos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viviu, como sería a súa vida... Está xoia aumentará de valor cos anos: ademais de por a súa beleza, tanto a antigüidade como o ouro revalorizaranse co paso do tempo. Pero sobre todo , formará parte da túa propia historia para sempre.

Hai 44 produtos.

Amosando 1-42 de 44 artigo(s)

Filtros activos

520,00 €
  • Esgotado