Colgante con Amuleto Exipcio Antigo. Ojo de Horus
Os amuletos con ollos de Horus eran moi populares no Antigo Exipto. Horus, o Deus Halcón, recibíu de mans de Ra un ollo artificial tras perder un dos seus nunha dura batalla contra Seth. Este ollo artificial tiña propiedades sanadoras e máxicas de ahí que se convertira nun talismán usado polos exipcios como colgante para protexerse de enfermidades, das envexas e do mal de ollo. Axudaba tamén o seu portador no paso o Máis Alá.
Este Ollo de Horus, está datado no ano 600a.C. Feito de cornalina. O seu estado de conservación é excelente. Foi adquirido a un prestixioso anticuario e provén dunha colección particular. Achégase un certificado emitido polo anticuario que acredita a autenticidade da peza.
Nos nosos talleres, realizamoslle a man unha montura de ouro de 18k que o realza e protexe, devolvéndo 2500 anos despois a función para que foi creado. Unimos así o noso traballo co do artesán que o fabricou en aquel tempo remoto.
Características:
O amuleto está feito de cornalina.
Medidas do amuleto:21,3 x 16,1 mm
Poseer unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu o seu primer dono, cómo sería a súa vida...
As pezas dista colección, na que montamos artesanalmente obxetos antigos, son exclusivas, xa que non hai dous iguais.
Ademais de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaránse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirimolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis reconocidos, seguiendo un rígxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade