Colgante con Amuleto Antigo de Anubis
Anubis, o deus chacal, ,é unha das deidades exipcias máis antigas. O seu papel era moi importante pra alcanzar o Máis Aló. Él guiaba e axudaba o falecido a pasar a outra vida, tras pesar o seu corazón nunha balanza e comprobar así si fora unha persoa virtuosa. En vida, as xentes levaban o seu amuleto como protección e para atraer a boa sorte.
O amuleto está feito de faienza, unha cerámica usual na época realizada a partir de area fundida. Está datado entre os anos 654 a 525 antes de Cristo (Baixa Época). O seu estado de conservación é excelente salvo pola falta dunha das orellas.Foi adquirido a un prestixioso anticuario e provén dunha colección particular. Adxúntase un certificado emitido polo anticuario que acredita a autenticidade da peza.
Nos nosos talleres, realizamoslle a man un engarce de ouro de 18k que o realza e protexe, devolvendo 2500 anos despois, a función para a que foi creado. Reconstruímoslle en ouro a orella faltante. A arandela é xiratoria para poder lucilo de frente y de perfil. Unimos así o noso traballo co do artesán que o fabricóu naquel tempo remoto.
Características:
Amuleto: feito en faienza entre os anos 654 a 525 antes de Cristo (Baixa Época). Altura: 4 cm
Montura: feita a man na actualidade en ouro de 18 K. Arandela xiratoria. Medidas montura: 5 x 1,2 cm (alto x ancho)
O cordón de coiro con remates e feche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro
Poseer unha antigüedade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntamonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu o seu primer dono, cómo sería a súa vida...
As pezas desta colección, na que montamos artesanalmente obxetos antigos, son exclusivas, xa que non hai dous iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaránse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia pra sempre.
Sobre as antiguidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirimolas soamente aos anticuarios nacionaies e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler más sobre los Certificados de Autenticidade