Pendentes con Moedas Hispano-Árabes Medievais
Pendentes de ouro con moedas hispano-árabes medievais con turquesas.
As moedas superiores son dirhams almohades de prata de entre os anos 1148 e 1228 d.C. acuñadas en Al-Andalus. As redondas inferiores son dírhams de prata do Emirato Independente de Córdoba de entre os anos 839 e 854 d.C. (anos 224 e 240 da Hégira).
Os textos que aparecen en escritura árabe refírense ao califa que acuñou a moeda por unha cara e son de tipo relixioso pola outra. Este tipo de moedas circulou por todo o norte de África e pola Península Ibérica durante toda a Idade Media.
No noso taller creamos a man unha fermosa montura de ouro de primeira lei que as protexe e realza a súa beleza, convertíndoas nunha xoia única, máis de 1100 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Tamaño da moeda superior: 15x15mm
Diámetro da moeda inferior: 25 mm
Medidas da turquesa: 18x13 mm
Largo total do pendiente: 72 mm
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: pregunntámonos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia histora para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.