fbpx
Colgante de Ouro con Amuleto Exipcio Antigo. Ollo de Horus
search
  • Colgante de Ouro con Amuleto Exipcio Antigo. Ollo de Horus

1.239 €
Cantidade

BA01
Solicitar información
Pagamentos seguros
Entrega en 48-72 horas

Os amuletos con ollos de Horus eran moi populares no Antigo Exipto. Horus, o Divos Falcón, recibiu de mans de Ra un ollo artificial tras perder un dos seus nunha dura batalla contra Seth. Este ollo artificial tiña propiedades sanadoras e máxicas por iso é polo que se convertese nun talismán usado polos exipcios como colgante para protexerse de enfermidades e do mal de ollo. Axudaba tamén ao seu portador no paso ao Máis aló.

O amuleto está  feito de fayenza, unha cerámica usual na época realizada a partir de area fundida. Está datado entre os anos 664 a 323 antes de Cristo (Baixa Época). O seu estado de conservación é excelente.

No noso taller creamos a man para ela unha fermosa montura de ouro de 18k que a protexe e realza a súa beleza, converténdoa nunha xoia única, máis de 2500 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuínas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.

Medidas do amuleto: 15 x 12 mm.

A cadea non está incluída, pode adquirila na seguinte ligazón: cadea de ouro

Queda igualmente ben cun cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quén pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que desñeamos monturas de ouro qeu as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo ,esta xoia formará parte da súa propia historai para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamentes aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade

Produtos relacionados