Colgante de Ouro con Moeda Grega
search
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega

Colgante de Ouro con Moeda Grega

1.314 €
Cantidade

TV04
Solicitar información
Pagamentos seguros
Entrega en 48-72 horas

Colgante con moeda grega de bronce datada entre os anos 359-336 a.C. acuñada durante o mandato do rei macedonio Filipo II, o cal conseguiu expandir o seu reino sobre a maior parte do mundo grego da época e que o seu fillo e herdeiro Alejandro Magno convertería nun imperio. 

No anverso aparece o busto de Apolo co pelo suxeito cunha cinta chamada “taenia”, mentres que na outra cara aparece un cabalo cun xinete que posiblemente representa a Alejandro Magno de neno. A moeda presenta unha bonita pátina verde. 

No noso taller realizámoslle a man unha fermosa montura de ouro de 18K que a protexe e realza a súa beleza, convirtíndoa nunha xoia única e dándolle unha nova vida máis de 2300 anos despois de que fose creada. 

Diámetro da moeda: 17 mm.

Diámetro del colgante: 20 mm.

Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.

Pode adquirir un cordón de coiro con remates e peche de ouro por separado (dispoñible en negro, marrón ou burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: pregunntámosnos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia histora para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.

Produtos relacionados