Esta pulseira leva un denario de prata do emperador Marco Aurelio, acuñada entre os anos 177-178 d.C. Home moi culto, filósofo e escritor, está considerado como un dos mellores gobernantes da Antigüedad.
Nunha cara está a cabeza laureada de Marco Aurelio, mentres que no reverso aparece o deus da guerra Marte portando unha lanza. No noso taller creamos a man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, converténdoa nunha xoia única, máis de 1800 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuínas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Diámetro da moeda: 18 mm
Coiro italiano de primeira calidade. Cando co uso e o paso do tempo este deteriórese, substituirémolo de forma gratuíta (só custos de envío).
Lonxitude: para contorno de pulso de 17-18cm. A pulseira ten argolas no seu extremo para axutarse a distintas medidas, pero pódese acortar ou alongar o que precise por encargo. Contactaremos con vostede para confirmar a medida.
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade