Estes xemelgos levan unhas moedas de bronce acuñadas en Ticinum e Syscia, entre os anos 307 e 337 d.C.
As moedas mostran os perfil laureados do emperador Constantino I o Grande. Nos reversos aparecen dúas victorias de fronte de pé unha diante da outra, suxeitando un escudo.
No noso taller deseñámoslle unhas fermosas monturas en ouro de 18K para protexelas e realzar a súa beleza, convertíndoas nunha xoia única e dándolles unha nova vida 1700 anos despois de que fosen creadas. Todas as nosas antigüidades son xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Diámetro (moedas): 18 mm.
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: pregunntámonos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia histora para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.