
- Esgotado

Colgante de Ouro con Denario Romano
VENDIDO. DISPOREMOS DUNHA PEZA SIMILAR EN BREVE.
Este colgante leva un precioso denario de prata da época republicana de Roma que foi acuñado no ano 123 a.C.
A moeda mostra en unha das súas caras unha Victoria, conducindo unha biga (carro con dous cabalos) coas iniciais C.CATO. Mentres que no outro está representado un perfil con helmo representado á cidade.
No noso taller creamos á man para ela unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única, máis de 2000 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Diámetro da moeda: 18 mm.
Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.
O cordón de coiro con remates e cerre de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben con unha cadea: cadea de ouro
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de our oque as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o outro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta antenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade