Este colgante leva un sestercio de bronce do Emperador Antonino Pio, e foi acuñado en Roma entre os anos 143 e 144 D.C. Antonino, sucesor de Adriano, é considerado historicamente como un dos cinco bos emperadores, pertencendo o seu reinado á chamada Idade de Oro do Imperio Romano.
No anverso aparece o perfil laureado do emperador e a lenda: "Antoninvs Augustvs” Pivs. No reverso está representada a deusa Libertas. O estado de conservación é excelente.
No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18k para protexela e realzar a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única e dándolle unha nova vida 1800 anos despois de que fora creada. Todas as nosas antigüidades son xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificados de autenticidade.
Diámetro do colgante: 27 mm.
Cadea e/ou cordón de coiro non incluídos.
A cadea de ouro pode adquirirse por separado: cadea de ouro.
Queda igualmente moi ben cun cordón de coiro (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro.
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os temos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais. +
Ademáis de pola súa beleza o contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade