- Esgotado
Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
Esta pulseira leva un dirham de prata almohade do século XI (1160 - 1260). Estas moedas circularon pola Península Ibérica e o norte de África durante toda a Idade Media. O texto é de carácter relixioso por un lado e polo outro é de carácter político.
No noso taller creamos á man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única, máis de 700 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Medidas da moeda (dirham de prata): 15x15 mm.
A pulseira ten argolas no seu extremo que permite exustala para muñer con contorno entre 15 e 16 cm pero pódese acortar ou alongar o que se precise por encargo. Contactaremos con vostede para confirmar a medida.
Posee unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade
As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade