Este colgante leva montada un tetradracma grego de prata acuñado en Atenas entre os anos 420 e 404 antes de Cristo.
Nunha das caras presenta a figura dun bufo que era o símbolo da cidade. Este animal representaba a sabedoría e a forza, ademais de considerarse portador de boa sorte. Ao seu lado aparece unha rama de oliveira e tres letras gregas que significan ATE (por Atenas). Na outra cara aparece Atenea, a deusa patroa da cidade. Acompáñase do seu certificado de autenticidade e o seu estado de conservación é excelente.
No noso taller creamos a man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, converténdoa nunha xoia única, máis de 2400 anos despois de que fose creada.
Diámetro da moeda: 22 mm.
Diámetro do colgante: 26 mm.
Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.
Pode adquirir un cordón de coiro con remates e peche de ouro por separado (dispoñible en negro, marrón ou burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: pregunntámosnos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia histora para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.