Colgante de Ouro con Moeda Romana
search
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana

Colgante de Ouro con Moeda Romana

1.066 €
Cantidade

JV115
Solicitar información
Pagamentos seguros
Entrega en 48-72 horas

Este colgante leva un As de bronce acuñado en Augusta Emérita, (a actual Mérida) en tempos do emperador Augusto entre os anos 27 a.C. – 14 d.C. Octavio Augusto deu inicio ao período coñecido como Pax Romana durante o cal houbo unha gran estabilidade política e un gran fortalecemento do imperio. 

A moeda mostra o perfil de Augusto coa lenda CAESAR AVG TRIB POTES. No reverso aparece o texto P CARISIVS LEG AVGVSTI en referencia a Publio Carisio, que foi o legado do emperador en Hispania. 

Acompáñase do seu certificado de autenticidade e o seu estado de conservación é excelente.

No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18K para protexela e realzar a súa beleza, converténdoa nunha xoia única e dándolle unha nova vida 2000 anos despois de que fose creada. Todas as nosas antigüidades son xenuínas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade. 

Diámetro da moeda: 26 mm

Diámetro do colgante: 28 mm

Gargantillas de ouro e pedras naturais non incluídas no prezo. Poden adquirirse por separado: esmeraldas , lapislázuli e cornalina. 

Queda igualmente moi ben cun cordón de coiro (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro.

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os temos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais. +

Ademáis de pola súa beleza o contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade

Produtos relacionados