Esta pulseira leva unha moeda de cobre acuñada en Syscia en tempos do emperador Constantino I o Grande, entre os anos 306 e 337 d.C.
Costantino foi un dos últimos emperadores que mantivo unido o Imperio Romano, o cal anos máis tarde se fragmentaría e derrubaría. Influíu dunha maneira fundamental na historia de Occidente ao legalizar o cristianismo (Edicto de Milán do ano 313 d.C.). Fundou a cidade de Constantinopla, actual Istambul, que foi capital do Imperio Romano e despois, do Imperio Bizantino. O seu reinado foi complexo, cheo de intrigas e conspiracións.
A moeda mostra o perfil laureado do emperador (Constantinvs Avg) por unha cara, mentres que pola outra aparecen dúas Victorias cun escudo inscrito no altar. No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18K para protexela e realzar a súa beleza, converténdoa nunha xoia única e dándolle unha nova vida 1700 anos despois de que fose creada. Todas as nosas antigüidades son xenuínas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Diámetro da moeda: 18 mm.
Coiro italiano marrón.
Lonxitude: para contorno de boneca de 16-17 cm. A pulseira ten argolas no seu extremo para axustarse a distintas medidas, pero pódese acurtar ou alongar o necesario por encargo. Contactaremos con vostede para confirmar a medida.
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viviu o seu primeiro dono, como sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuínas para as que deseñamos monturas de ouro que as converten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dous iguais.
Ademais de por a súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.
Ademais as nosas xoias contan co selo de Galicia Calidade, entidade oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacións requidas e se comprometen a cumprir con altas esixencias de calidade nos seus productos