Este colgante leva un precioso óbolo de vélaro acuñado baixo o reinado de Alfonso X “O Sabio”, entre os anos 1221 e 1284. Alfonso X foi un dos reis máis importantes de España, non só polo seu importante labor político durante a Reconquista senón tamén pola súa contribución ás artes e as ciencias.
O vélaro era unha aliaxe de prata e cobre. A moeda presenta os escudos dos reinos de Castela e León.
Acompáñase do seu certificado de autenticidade e o seu estado de conservación é excelente. No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18K para protexela e realzar a súa beleza, converténdoa nunha xoia única e dándolle unha nova vida máis de 700 anos despois de que fose creada.
Diámetro da moeda: 15 mm.
Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.
Pode adquirir un cordón de coiro con remates e peche de ouro por separado (dispoñible en negro, marrón ou burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: pregunntámosnos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia histora para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.