Colgante de Ouro con Moeda Romana
search
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana

Colgante de Ouro con Moeda Romana

1.066 €
Cantidade

LU227
Solicitar información
Pagamentos seguros
Entrega en 48-72 horas

Este colgante leva un precioso denario de prata da época republicana de Roma e foi acuñado no ano 86 a.C. 

Nunha das súas caras aparece o perfil laureado de Apolo, mentres que no outro está representado Xúpiter conducindo unha cuadriga (carro con catro cabalos).

No noso taller creamos a man para ela unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única, máis de 2000 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.

Diámetro da moeda: 18 mm.

Diámetro do colgante: 21,5 mm. 

Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.

O cordón de coiro con remates e cerre de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben con unha cadea: cadea de ouro

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de our oque as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o outro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta antenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade

Produtos relacionados