fbpx
Colgante con Amuleto Exipcio da Deusa Isis
search
  • Colgante con Amuleto Exipcio da Deusa Isis

1.562 €
Cantidade

FC06
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Colgante realizado a man en ouro de 18k engarzando un amuleto exipcio da deusa Isis de 2500 anos de antigüedade. 

Isis, chamada la Gran Maga, era a deusa nai fundamental da mitoloxía exipcia, esposa de Osiris e nai de Horus. O seu culto é moi antigo e as xentes tiñan moita fe nos seus poderes e bondade. 

O amuleto está feito de faienza, unha cerámica ususal na época realizada a partir de area fundida. Está datado entre os anos 664 a 630 antes de Cristo (Baixa Época). O seu estado de conservación é excelente presentando duas restauracións. 

No noso taller creamos a man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única, máis de 2000 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.

Medidas: 33mm x 10mm

Pode adquirir un cordón de coiro con remates e peche de ouro por separado (dispoñible en negro, marrón ou burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: pregunntámosnos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por  antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia histora para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.

Produtos relacionados