- Esgotado
Colar de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
VENDIDO. EN BREVE DISPOREMOS DE UNHA PEZA SIMILAR. Esta gargantilla, realizada a man en ouro de 18K leva montada unha moeda medieval hispano-árabe de prata. Trátase dun quirate almorávide, unha pequena acuñada entre os anos 1086-1147. Estas moedas circularon pola Península Ibérica e o norte de África durante a Idade Media. En unha cara está escrita unha oración relixiosa e pola outra un texto político.
No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18K para protexela e realzar a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única e dándolle unha nova vida máis de 800 anos despois de que fose creada. Todas as nosas antigüidades son xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Diámetro da moeda (quirate de prata): 12 mm.
Cadea incluida no prezo. Longo: 45 cm, con outra argola para axustar tamén a 40 cm (para outras medidas, consúltenos).
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que o viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímola soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autencidade.
As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.