fbpx
Anel Frank LLoyd-Wright de Ouro Rosa con Topacio
search
  • Anel Frank LLoyd-Wright de Ouro Rosa con Topacio

Dende 1.810 €
Talla
Cantidade

FG4638
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 25-30 días

Anel inspirado na Casa da Cascada do arquitecto Frank Lloyd-Wright, realizado en ouro rosa e con un topacio fumé natural. Un deseño exclusivo de Fernando Gallego no que se buscou un xeito completamente diferente de suxeitar a pedra, evitando recurrir ás monturas habituais como cercos ou garras. A pedra sostense firmemente grazas á combinación de forzas contrapostas e á propia talla da xema. 

O topacio de talla rectangular ten unha cor fumé que combina perfectamente co ouro rosa. 

Topacio: 18x13mm. Peso da pedra: 17 quilates

Esta peza pode realizarse con outros tons de pedras ou en ouro branco ou amarelo. 

Se a súa medida non aparece entre as tallas dispoñibles, por favor póñase en contacto con nós. Sérvese en calquer medida sen cargo adicional. Para algunhas medidas o prazo pode variar. 

Precisa un medidor? Só ten que rexistrarse e solicitalo por mail. Enviarémosllo gratuitamente ao seu domicilio. 

Se quere regalalo e non coñece a medida, ofrecémoslle un servizo de posta a medida gratuito: pode pedilo a calquer medida aproximada para regalalo na data que precise. Posteriormente recollerémolo na dirección que nos indique, poñerémolo á medida correcta e volverémosllo a enviar, totalmente gratis. 

Recicla o teu ouro (+ info)