Anel Lúa Nova de Ouro Amarelo con Ónix
Anel Lúa Nova.
Anel de ouro amarelo de 18K con ónix. Deseño exclusivo de Fernando Gallego no que o ónix luce nunha montura sobre a que parece flotar. O ónix queda realzado por este deseño que, aportando volume, é ao mesmo tempo lixeiro á vista.
Se a súa medida non aparece entre as tallas dispoñibles, por favor póñase en contacto con nós. Sérvese en calquer medida sen cargo adicional. Para algunhas medidas o prazo pode variar.
Precisa un medidor? Só ten que rexistrarse e solicitalo por mail. Enviarémosllo gratuitamente ao seu domicilio.
Se quere regalalo e non coñece a medida, ofrecémoslle un servizo de posta a medida gratuito: pode pedilo a calquer medida aproximada para regalalo na data que precise. Posteriormente recollerémolo na dirección que nos indique, poñerémolo á medfida correcta e volverémosllo a enviar, todo sen custe adicional.
Recicla o teu ouro (+ info)