Anel Ortegal
Anel de ouro de 18K con granates naturais. O Anel Ortegal é un deseño exclusivo de Fernando Gallego inspirado na Costa Ártabra, unha zona do norte de Galicia que conta coas formación xeolóxicas máis antigas de Europa. Fai 1200 millóns de anos a corteza terrestre emerxeu xerando unha paisaxe espectacular e na que se poden atopar unha sorprendente variedade de minerais como o granate. O deseño representa a illa dos "Tres Aguillóns" entre as ondas do Cabo Ortegal.
Se a súa medida non aparece entre as tallas dispoñibles, por favor póñase en contacto con nós. Sérvese en calquer medida sen cargo adicional. Para algunhas medidas o prazo pode variar.
Precisa un medidor? Só ten que rexistrarse e solicitalo por mail. Enviarémosllo gratuitamente ao seu domicilio.
Se quere regalalo e non coñece a medida, ofrecémoslle un servizo de posta a medida gratuito: pode pedilo a calquer medida aproximada para regalalo na data que precise. Posteriormente recollerémolo na dirección que nos indique, poñerémolo á medida correcta e volverémsosllo a enviar, totalmente gratis.