Anel de ouro amarelo macizo de 18K con forma de espiga de trigo. Deseño exclusivo de Fernando Gallego. Entrégase certificado.
Esta peza ten a particularidade de crear un característico efecto óptico co movemento: ao movela, parece anchearse e estreitarse coma se fose unha cremalleira.
Ancho do anel: 3,5 mm
Grosor: 1 mm
Posibilidade de realizalo en ouro rosa ou branco.
Se a súa medida non aparece entre as tallas dispoñibles, por favor póñase en contacto con nós. Para algunas medidas o prazo pode variar.
¿Precisa un medidor? Só ten que rexistrarse e solicitalo por mail. Enviarémosllo gratuitamente ao seu domicilio.*
Se quere regalalo e non coñece a medida, ofrecémoslle un servizo de posta a medida gratuíto: pode pedilo a calquer medida aproximada para regalalo na data que precise. Posteriormente recollerémolo na dirección que nos indique, poñerémolo á medida correcta e volverémosllo a enviar, todo isto sen coste adicional.*
*Soamente na España peninsular.