fbpx
Colgante de Ouro con Moeda Romana
search
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana

Colgante de Ouro con Moeda Romana

736 €
Cantidade

LA04
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Este colgante leva unha moeda de cobre acuñada en Siscia en tempos do emperador Constantino II, fillo do emperador Constantino I o Grande, entre os anos 316 e 337 d.C.

A moeda mostra o perfil laureado do emperador por unha cara, mentres que pola outra aparece unha coroa de laureis.

Acompáñase do seu certificado de autenticidade e o seu estado de conservación é excelente. No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura de ouro de 18K con unha esmeralda auténtica para protexela e realzar a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única e dándolle unha nova vida máis de 1600 anos despois de que fose creada. Todas as nosas antigüidades son xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.

Diámetro da moeda: 18 mm.

Longo total do colgante: 68mm.

Cadea e/ou gargantilla trenzada non incluidas.

A cadea de ouro pode adquirirse por separado: cadea de ouro

Queda igualmente moi ben coa gargantilla ríxida: gargantilla de oro

Posuír unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza o contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade

As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.