fbpx
Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
search
  • Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
  • Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
  • Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
  • Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
  • Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
  • Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
  • Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
  • Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe
  • Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe

Pulseira de Ouro con Moeda Hispano-Árabe

463 €
Cantidade

LU249
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Esta pulseira realizada a man en ouro de 18K, leva montada unha moeda medieval hispano-árabe de prata. Trátase dun quirate almorávide, unha pequena moeda acuñada entre os anos 1086 e 1147 d.C. Estas moedas circularon pola Península Ibérica incluso anos despois da Reconquista, debido a que a calidade da súa prata era recoñecida por todos. 

O texto é de carácter relixioso por un lado e polo outro é de carácter político. O seu estado de conservación é excelente. No noso taller realizámoslle a man unha montura de ouro de 18K que a protexe e embelece, dándolle nova vida máis de 800 anos despois de que fose creada. Todas as nosas antigüidades son xenuinas, nunca réplicas, e están sempre certificadas por prestixiosos anticuarios. 

Diametro da moeda (quirate de prata): 12 mm

Lonxitude: para contorno de pulso de 14-16 cm. A pulseira ten argolas no seu extremo para axustarse a distintas medidas, pero pódese acortar ou alongar o necesario por encargo. Contactaremos con vostede para confirmar a medida. 

Posuír unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os temos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida... 

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais. 

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o our revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre. 

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecdios, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade

As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.