- Esgotado

Colgante de Ouro con Moeda Antiga CY01
Este colgante leva unha preciosa moeda de prata dos reinos escitas, un tetradracma acuñado entre os anos 60 e 30 antes de Cristo polo rei Azes II, fai máis de 2000 anos.
Os escitas foron un pobo nómada guerreiro da Antigüidade que atemorizaron os seus enemigos polo seu preciso manexo do arco a cabalo. Foron os mellores xinetes do seu tempo, o que lles permitiu extenderse dende Asia Menor ata Europa e convertirse nos donos das estepas. A súa cultura non se pode entender sin a súa relación cos cabalos.
O certificado contén unha descripción da moeda. Todas as nosas moedas son auténticas, nunca réplicas e adquirense a numismáticos e anticuarios de recoñecida reputación.
Diámetro:23 mm
Moeda: tetradracma de prata (ano 60-30 a.C.)
Montura: peso do ouro 4,2 gr. (macizo, sen partes hocas, 18k, feito a man)
Colgante pra home ou muller.
O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro
A Colección Antiques está composta por xoias de ouro macizo de 18 K feitas a man no noso taller e levan montadas antigüidades xenuinas que adquirense sempre a anticuarios e numismáticos de recoñecida reputación e acompañanse dun Certificado de Autenticidade.
Poseer unha antigüidade , un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntamonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu, cómo sería a súa vida...
As pezas desta colección son completamente exclusivas, xa que co paso dos séculos cada moeda convertíuse en única: non hai duas iguais.A esto hai que engadirlle que cada peza fabricase a man.
Está xoia aumentará de valor cos anos: ademais de pola súa beleza, tanto a moeda como o ouro revalorizaránse co paso do tempo.
Pero sobre todo , formará parte da túa propia historia pra sempre.
Sobre as antiguidades: Pra garantizar a absoluta autenticidade das antiguidades que usamos pra facer estas xoias cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza
Hoxe en día pódense mercar moedas e obxetos antigos en internet, pero nunca usamos pezas adquiridas desta maneira, xa que non poderíamos ofrecer unha garantía total. O noso principal interés é que sempre se poida probar que a peza é xenuina e que non procede de expolio. Desta maneira ,cando o cliente merca unha das nosas xoias, sabe que a súa inversión está asegurada e que revalorizaráse nun futuro, porque contará cun certificado dun prestixioso profesional. Por isto é que traballamos cos mellores e máis fiables, os que chegamos a coñecer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.
Ademais as nosas xoias contan co selo de Galicia Calidade, entidad oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacións requidas e se comprometen a cumprir con altas esixencias de calidade nos seus productos