Pulseira con Amuleto Exipcio de 2300 anos. Ollo de Horus
Os amuletos con ollos de Horus eran moi populares no Antigo Exipto. Horus, o Deus Halcón, recibeu de mans de Ra un ollo artificial tras perder un dos seus en unha dura batalla contra Seth. Este ollo artificial tiña propiedades sanadores e máxicas de ahí que se convertiran en un talismán usado polos exipcios como colgante para protexerse de enfermidades e do mal de ollo. Axudaba tamén ao seu portador no paso ao Más Alá.
O amuleto está feito de fayenza, unha cerámica usual na época realizada a partir de area fundida. Está datado entre os anos 664 e 332 antes de Cristo (Baixa Época). O seu estado de conservación é excelente. No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18k para protexela e realzar a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única e dándolle unha nova vida 2300 anos despois de que fora creada. Todas as nosas antigüidades son xenuinas, nunca réplicas, e entréganse con certificado de autenticidade.
Medidas do amuleto: 20 x 16 mm.
Montura e pulseira: ouro de 18k (1ª Lei), feita á man na actualidade.
Medida da pulseira: para contornos de moneca de 15 cm ata 16 cm. Para outras medidas, consúltenos. Podemos poñela á medida que se necesite sen cargo adicional.
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quén pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que desñeamos monturas de ouro qeu as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo ,esta xoia formará parte da súa propia historai para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamentes aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade
As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.