fbpx
Pulseira de Ouro con Moeda Xaponesa Antiga
search
  • Pulseira de Ouro con Moeda Xaponesa Antiga
  • Pulseira de Ouro con Moeda Xaponesa Antiga
  • Pulseira de Ouro con Moeda Xaponesa Antiga
  • Pulseira de Ouro con Moeda Xaponesa Antiga
  • Pulseira de Ouro con Moeda Xaponesa Antiga
  • Pulseira de Ouro con Moeda Xaponesa Antiga

Pulseira de Ouro con Moeda Xaponesa Antiga

1.562 €

Cantidade

LU001FC
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Pulseira de ouro con moeda xaponesa auténtica de 150 anos de antigüidade. A moeda é de ouro e foi acuñada entre os anos 1868 e 1869, na Era Meixi, a época dos últimos samuráis. Foi este un período moi complicado na historia de Xapón, xa que  se enfrentaba a concepción tradicional e feudal contra as ideas que proclamaban a modernización urxente do país.

Nunha das caras mostra unhas flores como símbolos imperiais e o valor da moeda: 2  Bu Kin. No outro aparece a firma do responsable da fabricación da moeda. O seu estado de conservación é excelente. O certificado que se acompaña contén unha completa descripción. No noso taller creamos a man para ela unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única, máis de 150 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas, e entréganse con certificado de autenticidade.

Moeda: 2 Bu Kin de ouro (1868-1869). Medidas: 20x13 mm

Montura: feita a man en ouro de 18k. Medida interior do brazalete: 58x48 mm.

Contorno do pulso: 17cm.

Posuír unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial:preguntámonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu, cómo sería a súa vida...

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: Para garantir a absoluta autenticidad, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade

As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.