Pulseira con Amuleto Exipcio Antigo. Ojo de Horus
Os amuletos con ollos de Horus eran moi populares no Antigo Exipto. Horus, o Deus Halcón, recibíu de mans de Ra un ollo artificial tras perder un dos seus nunha dura batalla contra Seth. Este ollo artificial tiña propiedades sanadoras e máxicas de ahí que se convertira nun talismán usado polos exipcios como colgante para protexerse de enfermidades, das envexas e do mal de ollo. Axudaba tamén o seu portador no paso o Máis Alá.
Este Ollo de Horus, datado na Baixa Época (654-525 aC) está feito de faienza verde, unha cerámica usual na época realizada a partir de arena fundida. O seu estado de conservación é excelente. Foi adquirido nun prestixioso anticuario e provén dunha colección particular. Adxuntase un certificado emitido polo anticuario que acredita a autenticidade da peza .
Nos nosos talleres, realizamoslle a man unha montura de ouro de 18k que o realza e protexe, devolvéndo 2500 anos despois a función para que foi creado. Unimos así o noso traballo co do artesán que o fabricou en aquel tempo remoto.
Características:
Amuleto: feito en faienza entre os anos 654 a 525 antes de Cristo (Baixa Época). Polo reverso pódese ver outro ollo que foi decorado cos distintos tonos.
Medidas do amuleto:16 x 10 cm
Medida da pulseira: para contornos de pulso de 14,5 cm ata 16,5 cm. Para outras medidas, consúltenos. Podemos poñela a medida que se necesite sen cargo adicional.
Poseer unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu o seu primer dono, cómo sería a súa vida...
As pezas dista colección, na que montamos artesanalmente obxetos antigos, son exclusivas, xa que non hai dous iguais.
Ademais de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaránse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirimolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis reconocidos, seguiendo un rígxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade