fbpx
Anel con Moeda Romana
search
  • Anel con Moeda Romana
  • Anel con Moeda Romana
  • Anel con Moeda Romana
  • Anel con Moeda Romana
  • Anel con Moeda Romana
  • Anel con Moeda Romana
  • Anel con Moeda Romana

Anel con Moeda Romana

Dende 769 €
Talla Guía de tallas
Cantidade

SAN13
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Este anel, realizado a man en ouro de 18K leva unha moeda de cobre do emperador Constancio II acuñada en Antioquía entre os anos 316 e 340 d.c. 

A moeda mostra un perfil de Constancio por unha cara, mentras que pola outra aparece un campamento con duas torres.

Diámetro da moeda: 20 mm.

Peso da moeda: 3,6 gr.

O anel é adaptable dende a medida 14 á 17. Pode realizarse a outras medidas por encargo.

No noso taller deseñámoslle unhas fermosas monturas en ouro de 18K para protexelas e realzar a súa beleza, convertíndoas nunha xoia única e dándolles unha nova vida 1600 anos despois de que fosen creadas. Todas as nosas antigüidades son xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.

Posuír unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os temos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida....

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirte, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Además de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantis a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuiarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificado de Autenticidade.

Produtos relacionados