Pulseira de Ouro con Moeda Romana
Esta pulseira leva un denario de prata da emperatriz Faustina I, acuñado en Roma no ano 141 d.C.
Faustina I foi unha muller culta e intelixente á que o seu esposo, o emperador Antonino Pío, tiña moi en conta nas súas decisións de estado. Foi unha emperatriz moi venerada e querida polo pobo polas súas iniciativas sociais, como a escola para nenas que creou.
A moeda mostra o perfil da emperatriz por unha cara, e na outra, aparece a deusa Ceres con un cetro mirando ca a esquerda. No noso taller creamos á man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única, máis de 1800 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Moeda: denario de prata (auténtico, non é réplica). Diámetro 17mm.
A pulseira ten argolas no seu extremo que permite exustala para muñer con contorno entre 14,5 a 16 cm pero pódese acortar ou alongar o que se precise por encargo. Contactaremos con vostede para confirmar a medida.
Posuír unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade
As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade