- Esgotado
Colgante de Ouro con Moeda Medieval
VENDIDO. DISPOREMOS DUNHA PEZA SIMILAR EN BREVE.
Este colgante de ouro de 18K leva un dirham de prata acuñado por Abd Al-Rahman II no emirato de Córdoba no ano 835 d.C. Abd Al-Rahman II foi o cuarto emir omeia ata o 852 d.C.
Nunha cara está escrita unha oración relixiosa e na outra un texto político.
No noso taller creamos a man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única, máis de 1200 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Diámetro da moeda: 24 mm.
Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.
Pode adquirir un cordón de coiro con remates e peche de ouro por separado (dispoñible en negro, marrón ou burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: pregunntámosnos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia histora para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.