fbpx
Anel de Ouro con Selo Xiratorio
search
  • Anel de Ouro con Selo Xiratorio
  • Anel de Ouro con Selo Xiratorio
  • Anel de Ouro con Selo Xiratorio
  • Anel de Ouro con Selo Xiratorio
  • Anel de Ouro con Selo Xiratorio
  • Anel de Ouro con Selo Xiratorio
  • Anel de Ouro con Selo Xiratorio
  • Anel de Ouro con Selo Xiratorio

Anel de Ouro con Selo Xiratorio

Dende 3.876 €
Talla Guía de tallas
Cantidade

TL03
Solicitar información
Pagamentos seguros
Entrega en 48-72 horas

Este anel leva un selo tallado en pedra hematite no segundo milenio antes de Cristo. Este tipo de selos xiratorios foron fabricados por multitude de culturas de Oriente Próximo, como aqueménidas, sasánidas, asirios… .

Levados como colgante ou montados nun anel, con eles marcábase un símbolo persoal sobre cera ou arxila facendo virar o cilindro. Neste caso queda impresa unha preciosa procesión de diversas figuras e un touro.

Foi adquirido a un prestixioso anticuario e procede dunha colección particular. Entrégase con certificado de autenticidade. 

No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18k para protexelo e realzar a súa beleza, converténdoo nunha xoia única e dándolle unha nova vida 3000 anos despois de que fose creado. Unimos asi o noso traballo ao do artesán que o fabricou naquel tempo remoto. Como entón, pode utilizarse hoxe en día para selar con lacre documentos, cartas, invitacións,etc. 

Dimensións da pedra: 18 x 8 mm (longo e grosor).

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viviu o seu primeiro dono, como sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuínas para as que deseñamos monturas de ouro que as converten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dous iguais.

Ademais de por a súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.

Produtos relacionados