Colgante con Amuleto de 2500 anos
Os amuletos con ollos de Horus eran moi populares no Antigo Exipto. Horus, o Deus Halcón, recibíu de mans de Ra un ollo artificial tras perder un dos seus nunha dura batalla contra Seth. Este ollo artificial tiña propiedades sanadoras e máxicas de ahí que se convertira nun talismán usado polos exipcios como colgante para protexerse de enfermidades, das envexas e do mal de ollo. Axudaba tamén o seu portador no paso o Máis Alá.
Este Ollo de Horus, datado na Baixa Época (654-525 aC) está feito de faienza verde, unha cerámica usual na época realizada a partir de arena fundida. O seu estado de conservación é excelente. Foi adquirido nun prestixioso anticuario e provén dunha colección particular. Adxuntase un certificado emitido polo anticuario que acredita a autenticidade da peza .
Nos nosos talleres, realizamoslle a man unha montura de ouro de 18k que o realza e protexe, devolvéndo 2500 anos despois a función para que foi creado. Unimos así o noso traballo co do artesán que o fabricou en aquel tempo remoto.
Características:
Amuleto: feito en faienza entre os anos 654 a 525 antes de Cristo (Baixa Época). Polo reverso pódese ver outro ollo que foi decorado cos distintos tonos.
Medidas do amuleto:16 x 10 cm
Medida da pulseira: para contornos de pulso de 14,5 cm ata 16,5 cm. Para outras medidas, consúltenos. Podemos poñela a medida que se necesite sen cargo adicional.
Poseer unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu o seu primer dono, cómo sería a súa vida...
As pezas dista colección, na que montamos artesanalmente obxetos antigos, son exclusivas, xa que non hai dous iguais.
Ademais de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaránse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antiguidades: Para garantizar a absoluta autenticidade das antiguidades que usamos para facer estas xoias cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza
Hoxe en día pódense mercar moedas e obxetos antigos en internet, pero nunca usamos pezas adquiridas deste xeito, xa que non podríamos ofrecer unha garantía total. O noso principal interés é que sempre se poida probar que a peza é xenuina ou que non procede de expolio. Deste xeito ,cando o cliente merca unha das nosas xoias, sabe que a súa inversión está asegurada e que se revalorizará no futuro, porque contará cun certificado dun prestixioso profesional. Por isto é que traballamos cos mellores e máis fiables, os que chegamos a coñecer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.
Ademáis as nosas xoias contan co selo de Galicia Calidade, entidad oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacións requeridas e comprometense a cumprir con altas exigencias de calidade nos seus productos.