

Anel de Ouro Branco Kubrick
Anel Kubbrick, deseñado e realizado a man por Fernando Gallego. Inspirado pola película 2001 Unha Odisea do Espazo, neste deseño están representadas diferentes claves do film, como o Monolito cuxas proporcións se corresponden coa do anel. Tamén aparecen suxeridos outros elementos estéticos da película como a estación espacial ou o ordenador Hal 9000 representado polo rubí que está no interior.
Anel de ouro branco de 18K a brillo en cadrado con diamante central en talla brillante.
Diámetro do diamante: 3,60 mm. (0,18 quilates).
Calidade do diamante: G-VS.
Os nosos diamantes non proceden de zonas en conflicto. Entrégase certificado.
Se a súa medida non aparece entre as tallas dispoñibles, por favor póñase en contacto con nós. Para algunhas medidas o prazo pode variar.
Precisa un medidor? Só ten que rexistrarse e solicitalo por mail. Enviaremosllo gratuitamente ó seu domicilio.
Se quere regalalo e non coñece a medida, ofrecemoslle un servizo de posta a medida gratuito: pode pedilo a calquer medida aproximada pra regalalo na data que precise. Posteriormente recollerémosllo na dirección que nos indique, poñerémosllo a medida correcta e volveremosllo a enviar, todo elo sen coste adicional.