Colgante de Ouro con Moeda Romana
Este colgante de ouro de 18k leva un denario de prata do emperador Trajano acuñado en Roma entre os anos 98 y 117 d.C. Trajano foi un dos emperadores máis importantes da historia de Roma, baixo o seu mandato prodúxose unha gran expansión militar que levou ao imperio a unha Idade Dourada.
A moeda mostra o perfil do emperador por unha cara e pola outra, a deusa da Paz sostendo unha rama e un caduceo.
No noso taller creamos á man, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convirtíndoa nunha xoia única, máis de 1900 anos despois. As nosas antigedades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Diámetro da moeda: 18 mm.
Cadea non incluída.
A cadea de ouro pode adquirirse por separado: cadea de ouro
Queda tamén moi bien un cordón de coiro con remates e peche de ouro (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de our oque as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o outro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta antenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade