fbpx
Pulseira de Ouro con Moeda Romana
search
  • Pulseira de Ouro con Moeda Romana
  • Pulseira de Ouro con Moeda Romana
  • Pulseira de Ouro con Moeda Romana
  • Pulseira de Ouro con Moeda Romana
  • Pulseira de Ouro con Moeda Romana
  • Pulseira de Ouro con Moeda Romana
  • Pulseira de Ouro con Moeda Romana

Pulseira de Ouro con Moeda Romana

1.065 €
Cantidade

LU178
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Pulseira de ouro de primeira lei con moeda romana auténtica de 1600 anos de antigüidade. Esta pulsera leva unha moeda de cobre acuñada en Roma en tempos do emperador Constantino II, fillo do emperador Constantino I o Grande, entre os anos 316 e 337 d.C.

Nunha cara está da moeda móstrase o perfil laureado do emperador (Constantinvs Avg), mentres que no reverso aparece un campamento con dúas torres. O seu estado de conservación é excelente. No noso taller creámoslle a man para ela, unha fermosa montura de ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única, máis de 1600 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.

Diámetro da moeda: 18 mm.

Lonxitude: para contorno de pulso de 15-16cm. A pulseira ten argolas no seu extremo para axustarse a distintas medidas, pero pódese acortar ou alongar o necesario por encargo. Contactaremos con vostede para confirmar a medida.

O certificado que se acompaña contén unha completa descrición da moeda.

Posuír unha antigüidade, un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quén pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garanti a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.

As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.