fbpx
  • Esgotado
Colgante de Ouro con Moeda Romana
search
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana

Colgante de Ouro con Moeda Romana

801 €
Cantidade

JV125
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Este colgante leva un sesterico de bronce do Emperador Marco Aurelio e foi acuñada entre os anos 121 e 180 D.C. Este emperador foi un hombre moi culto, filósofo e escritor, e está considerado como un dos mellores gobernantes da Antigüidade.

No anverso aparece o perfil do emperador co seu nome, mentres que no reverso se mostran varios obxetos rituales como un coitelo, un aspergillum e un simpulum.

No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18k para protexela e realzar a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única e dándolle unha nova vida 1800 anos despois de que fora creada. Todas as nosas antigüidades son xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificados de autenticidade.

Diámetro da moeda: 29 mm.

Colgante para home ou muller.

Cadea e/ou cordón de coiro non incluídos.

O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñibe en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben con unha cadea de ouro: cadea

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os temos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais. +

Ademáis de pola súa beleza o contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade

As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.