

Colgante de Ouro con Moeda Grega
Este colgante leva montada un dracma grego de prata, de entre os anos 328 e 323 antes de Cristo. A moneda foi acuñada en Macedonia.
O anverso presenta o perfil de Alejandro Magno caracterizado como Heracles cun helmo feito ca cabeza dun león, mentras que no reverso aparece escrito ALEXANDROS en grego ó lado dunha figura de Zeus sentado nun trono cunha aguia.
No noso taller realizámoslle a man unha fermosa montura de ouro de 18K que a protexe e realza a súa beleza, convirtíndoa nunha xoia única e dándolle unha nova vida máis de 2300 anos despois de que fose creada.
Diámetro da moeda: 16.3 mm.
Diámetro do colgante: 20 mm.
Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.
Pode adquirir un cordón de coiro con remates e peche de ouro por separado (dispoñible en negro, marrón ou burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben cunha cadea: cadea de ouro
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: pregunntámosnos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia histora para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.