fbpx
  • Esgotado
Colgante de Ouro con Moeda Grega
search
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega
  • Colgante de Ouro con Moeda Grega

Colgante de Ouro con Moeda Grega

736 €

Cantidade

LU237
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

Este colgante leva montada unha moeda grega de bronce. Foi acuñada en Antioquía entre os anos 162 e 150 a.C. en tempos de Demetrios I sucesor da disnatía que foi fundada por Seleuco, un dos xenerais de Alexandre Magno.

No anverso presenta unha cabeza de cabalo, mentres que no reverso aparece unha cabeza de elefante con un texto grego "Basileos Dimitrei", é dicir, Emperador Demetrios. Acompáñase do seu certificado de autenticidade e o seu estado de conservación é excelente. No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18K para protexela e realzar a súa beleza, convertíndoa nunha xoia única e dándolle unha nova vida máis de 2100 anos despois de que fose creada.

Diámetro da moeda: 19mm.

Medidas do colgante: 23 x 21 mm.

Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.

O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben con unha cadea: cadea de ouro

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen lle pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as converten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.

As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.