Colgante de Ouro con Moeda Romana
Este colgante leva unha moeda de cobre do emperador Constantino II, fillo do emperador Constantino I o Grande, acuñada en Roma entre os anos 324 e 325 d.C.
A moeda mostra o perfil do césar co seu nome por unha cara, mentres que pola outra aparece un campamento con dúas torres. No noso taller creámoslle a man para ela unha fermosa montura e ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única, máis de 1600 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.
Diámetro da moeda: 20 mm.
Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.
O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro
Queda igualmente moi ben con unha cadea: cadea de ouro
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma para da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antique está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.
Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garanti a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.
As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.