

Colgante de Ouro con Moeda Cartaxinesa
Este colgante leva unha moeda de bronce acuñada durante a ocupación cartaxinesa de Sicilia, entre os anos 220 e 215 a. de C., en tempos do gran xeneral Aníbal. Cartago foi o imperio máis desarrollado do Mediterráneo Occidental durante séculos, pero a súa confrontación ca puxante Roma nas Guerras Púnicas, supondría a súa derrota e desaparición.
A moeda mostra o busto de Tanit, a deusa máis importante da súa mitoloxía e que era a deidade da illa de Ibiza. No reverso aparece un cabalo cunha palmera.
No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18k para protexela e realzar a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única e dándolle unha nova vida 2200 anos despois de que fora creada. Todas as nosas antigüidades son xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificados de autenticidade.
Diámetro do colgante: 18 mm.
Colgante para home ou muller.
Cadea de ouro non incluída.
A cadea de ouro pode adquirirse por separado: cadea de ouro.
Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os temos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...
A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais. +
Ademáis de pola súa beleza o contido histórico, tanto o obxeto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da súa propia historia para sempre.
Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade