- Esgotado
Pulsera de ouro e coiro con Moeda Medieval LU54
Esta pulseira leva un precioso denario de vellón acuñado baixo o reinado de Felipe II de Francia entre os anos 1180 e 1223. Felipe “el Augusto” foi un dos reis máis admirados da Francia medieval, polo seu longo reinado, as suas victorias militares e a sua participación nas cruzadas.
O vellón era unha aleación de prata e cobre. A moeda presenta unha cruz co nome de Philippus no anverso e un trono no reverso.
Diámetro da moeda (cobre): 17 mm
Montura: ouro de 18k , feita a man.
Coiro italiano negro
Pulseira para home ou muller.
Longo total: 18- 20 cm. A pulseira ten aneis no seu extremo para axustarse a distintas medidas, pero podese acurtar ou alongar o necesario por encargo.Poñeremonos en contacto para confirmar medida.
O certificado que se acompaña conten unha completa descripción da moeda.
A Colección Antiques está formada por xoias de ouro macizo de 18 K feits a man no noso taller e levan montadas antigüedades xenuinas que se adquiren sempre a anticuarios e numismáticos de recoñecida reputación e acompañanse dun Certificado de Autenticidade.
Poseer unha antigüidade , un obxeto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial:preguntamonos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viviu, cómo sería a súa vida...
As pezas desta colección son completamente exclusivas, xa que co paso dos séculos cada moeda convirtese en única: non hai dous iguales.A esto hai que engadir que cada peza fabricase a man.
Esta xoia aumentará de valor cos anos: ademais de pola súa beleza, tanto a moeda como o ouro revalorizaránse co paso do tempo.
Pero sobre todo , formará parte da túa propia historia para sempre.
Sobre as antiguedades: Para garantizar a absoluta autenticidade das antiguidades que usamos para facer estas xoias cumprimos un ríxido protocolo consistente en adquirilas soamente a anticuarios e numismáticos nacionais e internacionais moi recoñecidos, que teñan unha dilatada e intachable traxectoria profesional e nos que temos absoluta confianza.
Hoxe en día podense mercar moedas e obxetos antigos en internet, pero nunca usamos pezas adquiridas desta maneira, xa que non podríamos ofrecer unha garantía total.O noso principal interés é que sempre se poida probar que a peza é xenuina ou que non procede de expolio. Desta maneira ,cando o cliente merca unha das nosas xoias, sabe que a súa inversión está asegurada e que se revalolizará no futuro, porque contará cun certificado dun prestixioso profesional.Por esto é que traballamos cos mellores e mais fiables, os que chegamos a coñecer despois de moitos anos de colaboración e seguimento.
Además as nosas xoias contan cun selo de Galicia Calidade, entidad oficial que, mediante auditorías, só concede o seu aval os fabricantes que aportan as certificacións requeridas e comprometense a cumprir con altas esixencias de calidade nos seus productos