fbpx
Anel de Ouro con Selo de Cornalina
search
  • Anel de Ouro con Selo de Cornalina
  • Anel de Ouro con Selo de Cornalina
  • Anel de Ouro con Selo de Cornalina
  • Anel de Ouro con Selo de Cornalina
  • Anel de Ouro con Selo de Cornalina
  • Anel de Ouro con Selo de Cornalina
  • Anel de Ouro con Selo de Cornalina

Anel de Ouro con Selo de Cornalina

Dende 2.223 €
Talla Guía de tallas
Cantidade

AJV119
Solicitar información
Pagamentos seguros
Entrega en 48-72 horas

Anel con selo romano antigo. 

Este anel leva un selo tallado en cornalina que está datado entre os séculos I e IV d.C. e que representa unha figura masculina con bátulo. Este tipo de intaglios eran moi utilizados na época para selar documentos ou obxectos, deixando a figura gravada sobre lacre, cera ou arxila.

Foi adquirido a un prestixioso anticuario e procede dunha colección particular. Entrégase con certificado de autenticidade. 

No noso taller deseñámoslle unha fermosa montura en ouro de 18k para protexelo e realzar a súa beleza, converténdoo nunha xoia única e dándolle unha nova vida 1700 anos despois de que fose creado. Unimos asi o noso traballo ao do artesán que o fabricou naquel tempo remoto. Como entón, pode utilizarse hoxe en día para selar con lacre documentos, cartas, invitacións,etc. 

Dimensións da pedra: 12,50 x 8,75 mm.

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma parte da Historia, produce unha sensación especial: preguntámonos a quen pertencería, como serían os tempos nos que viviu o seu primeiro dono, como sería a súa vida...

A Colección Antiques está formada por antigüidades xenuínas para as que deseñamos monturas de ouro que as converten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dous iguais.

Ademais de por a súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garantir a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo. Ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.

Produtos relacionados