fbpx
  • Esgotado
Colgante de Ouro con Moeda Romana
search
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana
  • Colgante de Ouro con Moeda Romana

Colgante de Ouro con Moeda Romana

1.314 €
Cantidade

JV136
Solicitar información
Pagamentos seguros
Envío gratuito por pedidos superiores a 50€
Entrega en 48-72 horas

VENDIDO. EN BREVE DISPOREMOS DUNHA PEZA SIMILAR.

Este colgante leva un precioso denario de prata da época republicana de Roma, que foi acuñada no ano 69 a.C. No anverso aparece o perfil de Eventus Bonus. Esta deidade era a representación romana dos bos momentos, propiciaba a boa sorte e era unha personificación dos bos augurios. No reverso aparece un caduceo alado coa lenda M. Plaetorius Cestianus, que foi o maxistrado que acuñou a moeda. O caduceo era un caiado que simbolizaba o comercio. No noso taller creámoslle a man para ela unha fermosa montura e ouro de primeira lei que a protexe e realza a súa beleza, convertíndoa en unha xoia única, máis de 2000 anos despois. As nosas antigüidades son sempre xenuinas, nunca réplicas e entréganse con certificado de autenticidade.

Diámetro da moeda: 18mm.

Cadea e/ou cordón de coiro non incluidos.

O cordón de coiro con remates e peche de ouro pode adquirirse por separado (dispoñible en negro, marrón e burdeos): cordón de coiro

Queda igualmente moi ben con unha cadea: cadea de ouro

Posuír unha antigüidade, un obxecto que forma para da Historia, produce unha sensación especial: preguntámosnos a quen pertencería, cómo serían os tempos nos que viveu o seu primeiro dono, cómo sería a súa vida...

A Colección Antique está formada por antigüidades xenuinas para as que deseñamos monturas de ouro que as convirten, sen alteralas, en xoias únicas e exclusivas: nunca hai dúas iguais.

Ademáis de pola súa beleza e contido histórico, tanto o obxecto antigo como o ouro revalorizaranse co paso do tempo, pero sobre todo, esta xoia formará parte da túa propia historia para sempre.

Sobre as antigüidades: para garanti a súa absoluta autenticidade, adquirímolas soamente aos anticuarios nacionais e internacionais máis recoñecidos, seguindo un ríxido protocolo: ler máis sobre os Certificados de Autenticidade.

As nosas xoias contan co selo Galicia Calidade.